mércores 27.05.2020
A FRONTE NACIONALISTA FAI PúBLICA A SúA SITUACIóN FINANCEIRA

O compromiso da militancia permite ao BNG reducir a súa débeda á metade

A fronte nacionalista salienta que o saldo final rexistrado no ano 2014 deixa 51.000 euros de superávit. Destaca o ‘’caso único’’ no Estado en canto ás cotas de militancia como vía principal de ingresos.

O compromiso da militancia permite ao BNG reducir a súa débeda á metade

Desde a súa fundación en 1982 o BNG sempre tivo a ben falar con orgullo da súa militancia, esa “base social organizada” do nacionalismo que dotaba e dota o Bloque dunha rede de apoio que se deixa notar principalmente nas situacións de vento en contra. O Consello Nacional do BNG vén de facer pública a súa situación financeira a 31 de decembro de 2014 e as previsións para o 2015. E nesas contas a militancia supón a trabe de ouro da ‘Casa BNG’ pois ela é a que garante, coas súas cotas, máis da metade dos ingresos do Bloque Nacionalista Galego -fóra subvencións procedentes da representación no parlamento e Congreso- Algo que o propio Bloque recoñece ao afirmar que “aentrega militante e o traballo da súa base social organizada fan do BNG un caso único no concerto de formacións políticas existentes na Galiza e no Estado español. Non hai ningunha outra na que o compromiso da súa militancia supoña unha porcentaxe similar nos ingresos, segundo os informes de fiscalización oficiais”.

En 2014 os ingresos do BNG foron de 1.943.874 euros. Máis de 527.000 procedentes das cotas da militancia, 502.000 das achegas dos cargos públicos e outrros (venda de lotaría, material...), 67.700. Uns 847.783 proceden das mencionadas partidas por representación en parlamento e Congreso.

Os gastos en 2014 foron de1.892.000 euros. O Consello Nacional destaca o importante esforzo destinado a sanear financeiramente o BNG (amortización de débeda), que representou o 53’7% do total de gasto.

En 2012 a débeda do BNG andaba nos 4 millóns de euros, cifra que en 2014 se rebaixou a dous millóns e medio e que no 2015 prevé recurtar por baixo dos dous millóns de euros. 

comentarios