Compromiso aproba as súas candidaturas ao 25S e postúlase como o “cambio con sentido común”

O escritor Xavier Alcalá fecha a lista pola Coruña, que lidera Xoán Bascuas. Juan Carlos Piñeiro, Xosé Mosquera e Andrés Núñez lideran as candidaturas por Lugo, Ourense e Pontevedra.

compromiso por galicia

.O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia aprobou este sábado as candidaturas para ás eleccións galegas do vindeiro 25 de setembro. O secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas e candidato de CxG nas eleccións galegas destacou que as listaxes están conformadas por persoas que, “con certeza, contribuiremos a por sentido común ao cambio que se aveciña”. Expresou o seu optimismo en referencia ós vindeiros comicios para que traían “un cambio en chave de país, positivo e comprometido”.

Desde Compromiso valoran a importancia de todadas as persoas que participan neste proxecto, como é o caso do enxeñeiro e escritor, Xavier Alcalá, que fecha a lista de CxG pola Coruña; ou o médico e recoñecido defensor dos dereitos das mulleres, Xosé Lois Doval, que pon o ramo á candidatura ourensá.

A Coruña

1. Xoán Bascuas. Secretario xeral de Compromiso de profesor de Traballo Social na Universidade de Santiago de Compostela.

2. Raquel Pillado. Ferrol. Traballa na empresa familiar dedicada á floricultura.

3. Uxío Dapena. Avogado. Xogador do Cerceda.

4. Laura Cereijo. Santiago. Limpadora e delegada sindical de CCOO.

5. César Ramos. Profesor en Santa Comba e portavoz municipal de Compromiso na Baña.

Lugo

1-Juan Carlos Piñeiro Docampo, portavoz de Compromiso en Burela,  foi responsable de UXT-Costa durante doce anos.

2.- Melina Paz López Castro, de Lugo.Licenciada en Ciencias Políticas, profesora e empresaria. Involucrada no tecido asociativo de Lugo.

3.- Saúl Sánchez Freire, de Samos. Estudante de Ciencias Políticas, ligado o mundo rural.

4.- Carmen Nuñez Bruzos, de Sarria. CAPD da Xunta, estudante de educación social.

5.- Agustín Prado López de Lugo, enxeñeiro ambiental e informático, PL da Xunta de Galicia.

Ourense

1- Xosé Mosquera Casero Profesor de Dereito Constitucional no Campus de Ourense, xefe do servizo de intervención na Deputación de Ourense e Vicepresidente da Federación Galega de Tenis.

2 -Lucia Nespereira Gomez Administrativa de profesión. Deportista. Foi xogadora da selección española de fútbol sala feminino.

Pontevedra

1-Andrés Núñez Rajoy, de Pontevedra. Enxeñeiro Técnico Agrícola, traballa na Consellería do Medio Rural en Pontevedra .

2.- María Cruz Sánchez Blázquez. De Vigo. Mestre especialista en educación Infantil e ed.Primaria.

3.- Álvaro Rodríguez Núñez. De Cambados. Avogado, Doutor en Ciencia Política. Foi concelleiro en Cambados polo Partido Galeguista.

4.- Sandra Araujo Carballido. De Ponteareas. Química industrial.

5.- Orlando Villamayor Torres. Da Estrada. Empresario. Secretario nacional de comunicación de Compromiso por Galicia. 

Comentarios