Compromiso apreséntase como a “nova forza galeguista”

O Parque de Bonaval foi este sábado o cenario eleito por Compromiso por Galicia para apresentar as súas candidaturas ao Parlamento galego. A aposta central é a prol do autogoberno: “As decisións de Galiza, en Galiza”, dixo Bascuas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
photo_camera As candidaturas de Compromiso

Compromiso apreséntase nestas eleccións como a “nova forza galeguista, nacida para dar solucións reais e totalmente viábeis a esta terra”, afirmou o seu candidato á presidencia da Xunta, Xoán Carlos Bascuas.

“Estreamos a nova etapa nestas autonómicas, e iremos dando a coñecer á cidadanía o noso proxecto político de futuro, que está pensado só para Galiza”, dixo.

"O centro de decisión está moi lonxe, en Madrid, e así nunca se pode atender as necesidades dos cidadáns"

A receita básica, o reforzamento do autogoberno: “As decisións de Galiza, na Galiza. Sempre. O centro de decisión está moi lonxe, en Madrid, e así nunca se pode atender as necesidades dos cidadáns, que non queren ser subsidiarios, queren traballar, que lles deixen traballar, que lles quiten os atrancos, e para iso estamos aquí nós, para facer política de cerca”.

Bascuas fixo un apelo directo a todas as persoas galeguistas a que adiran o proxecto de Compromiso: “Precisamos todas as mans, os corazóns e as mentes de todos os galeguistas para que o noso proxecto cambie Galiza para sempre”.

Comentarios