Congreso

Compromís estuda unirse ao grupo de IU e non ao de Podemos

Mònica Oltra, líder de Compromís, afirma que unirse ao grupo de IU no Congreso “é unha das posibilidades que está sobre a mesa” e recoñece que non lle convence a proposta de Podemos para crear grupo.

[Imaxe: Wikipedia] Mònica Oltra
photo_camera [Imaxe: Wikipedia] Mònica Oltra

A dirixente de Compromís, Mònica Oltra, recoñece nunha entrevista que publica El País que non lle convence a proposta de Podemos para crear un grupo confederal, “Non. Non me convence. E mentres quede prazo, Compromís vai seguir pelexando polo seu dereito dun grupo propio”, responde tallante á pregunta deste medio.

Pola contra, admite que a formación –que nas eleccións xerais conseguiu en coligazón con Podemos o 25% dos votos na Comunitat Valenciana- estuda unirse a IU e que está negociando con esta forza política. “É unha das posibilidades que está sobre a mesa. Pero non gosto de fechar as portas antes de hora. E neste momento o panorama está aberto. Imos agardar”, sinala ao respecto.

Comentarios