Compromís abre as portas a apoiar un goberno de Pedro Sánchez

Darían o apoio a un “goberno de cambio” se o PSOE se compromete a mellorar o financiamento de Valencia ou derrogar varias leis do executivo do PP. Non faría 'liña vermella' do referendo.

joan baldovi compromis
photo_camera Joan Baldoví

Joan Baldoví e Marta Sorlí, deputados de Compromís, abriron a porta esta terza feira a apoiar un “goberno de cambio” presidido por Pedro Sánchez. Faríano, dixeron os parlamentares, se o PSOE se compromete a mellorar o financiamento de Valencia, a derrogar varias das leis aprobadas polo executivo de Mariano Rajoy e a reformar o regulamento do Congreso español. “Se realmente o PSOE se compromente, cos votos de Compromís o PP non vai gobernar”, afirmou Baldoví en declaracións a 'Onda Cero' recollidas por axencias informativas.

O deputado deixou claro que Compromís non fai unha 'liña vermella' do referendo para Catalunya. “Nós cinxímonos aos intereses valenciáns e na nosa axenda non está ese tema”. Indicou Baldomí que a súa formación vai poñer “toda a carne no asador” para que sexa posíbel un acordo e non haxa necesidade de repetir as eleccións. “Á cidadanía non lles podemos dicir que erraron, que non votaron ben”, argumentou.

Comentarios