Comparecencia de BNG, Amaiur e ERC, esta sexta en Bilbo

Guillerme Vázquez (BNG), Mikel Errekondo (Amaiur) e Alfred Bosch (ERC) valorarán esta sexta feira en Bilbo o veto imposto polo Partido Popular á proposición de lei a prol da autodeterminación dos pobos.

Os tres grupos promotores da Proposición de lei para a autodeterminación --presentada no Congreso español a pasada semana-- avaliarán en Bilbo o veto imposto polo Partido Popular na Mesa do Parlamento. A comparecencia terá lugar no hotel Obando ás 11.00 horas. 

Após a negativa d@s populares --que gozan de maioría no órgano reitor da Cámara española-- BNG, Amaiur e ERC denunciaron a "censura" do PP que impediu elevar ao Pleno a toma en consideración da proposta soberanista. 

Máis en POLÍTICA
Comentarios