O comité de persoal do Concello Vigo pide o cesamento de Elena Espinosa

Os sindicatos presentes no comité de persoal do Concello de Vigo piden o cesamento da concelleira de Organización Municipal, a ex ministra Elena Espinosa, pola súa "caótica xestión".
2020102021031354984
photo_camera A ex ministra Elena Espinosa (Europa Press).

O Comité de Persoal apunta á xestión en materia de recursos humanos que atravesa o Concello Vigo nos últimos anos e alerta do "proceso de desmantelamento dos servizos públicos" que sofre a cidade.

A ollos dos sindicatos con representación no Concello, esta situación "vese agravada, de maneira moi significativa, desde o inicio do mandato coa designación de Elena Espinosa á fronte das Concellarías de Economía, Seguridade e Organización Municipal".

Segundo denuncian, Espinosa "vén amosando unha constante actitude de desprezo" ao comité, ademais de múltiples disfuncións, polas que solicitan o seu cesamento como concelleira delegada de Organización Municipal.

Comentarios