Dá comezo o Congreso do PP que escollerá Rueda como presidente do partido na Galiza

O 18º Congreso do PP galego, de carácter extraordinario, decorrerá esta fin de semana en Pontevedra.
De esquerda a dereita: Rafael Domínguez, Alfonso Rueda e Paula Prado este sábado no inicio do Congreso do PP galego. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press).
photo_camera De esquerda a dereita: Rafael Domínguez, Alfonso Rueda e Paula Prado este sábado no inicio do Congreso do PP galego. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press).

O 18º Congreso do PP galego, de carácter extraordinario e que decorrerá esta fin de semana en Pontevedra, arrincou coa constitución da mesa do conclave, que preside a dirixente popular Ana Pastor.

Del sairá elixido este domingo o actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como xefe de filas dos populares galegos, dando por fechada tamén a sucesión no partido.

Tras unha breve benvida do líder local do PP, Rafa Domínguez, tomou a palabra Ana Pastor, quen tivo palabras de recordo para Mariano Rajoy, que non acudiu ao congreso. "Un pontevedrés que foi sempre o mellor de todos nós e do que aprendemos tantos", reivindicou.

"O legado de Fraga"

Pastor non escatimou en eloxios para o líder do PP, á vez que recoñeceu o "legado" de Rajoy e Fraga.

"Hoxe estamos aquí porque a obra de Feixoo non terminou; ten unha tarefa enorme para que o Goberno de España estea presidido por un galego e haxa un cambio", proclamou Pastor, quen tamén destacou a Rueda como "un bo político".

Clausura de Feixoo

Un total de 1.500 compromisarios están reunidos no congreso popular de Pontevedra, que clausurará este domingo Feixoo.

Comentarios