ANTES, AS COMARCAS ANALIZARáN OS RESULTADOS DO 20D

O Consello Nacional do 16X convocará a Asemblea Nacional ordinaria do BNG

Entre esta sexta feira e o 15 de xaneiro as asembleas avaliarán os resultados das eleccións xerais. 

Asemblea BNG
photo_camera Asemblea do BNG de Lugo [Imaxe de arquivo]

Esta sexta feira darán comezo as asembleas comarcais nas que a militancia do BNG avaliará os resultados obtidos pola candidatura na que ía coligada a organización frontista ás eleccións xerais. 

Segundo fontes consultadas por Sermos Galiza estas xuntanzas decorrerán até o 15 de xaneiro e nelas tamén se analizará e debaterá o documento elaborado polo Consello Nacional do Bloque a este respeito. As asembleas comarcais tamén achegarán propostas para a súa revisión e que serán elevadas ao órgao. 

O Consello Nacional reunirase con posterioridade o 16 de xaneiro e del sairá a convocatoria oficial da Asemblea Nacional Ordinaria do BNG que, no entanto, xa foi anunciada polo portavoz da organización frontista, Xavier Vence como cumio da "profunda reflexión" na que se somerxe a formación. 

Comentarios