Colectivos sociais homenaxean a Rubén Cela en Compostela

“Tómome isto como un recoñecemento ao traballo colectivo do BNG no ámbito municipal de Compostela; só pechei un ciclo político na representación institucional e seguirei contribuíndo como levo facendo desde os 15 anos”, di Cela.  
Rubén Cela, na súa homenaxe.
photo_camera Rubén Cela, na súa homenaxe.

Colectivos sociais, empresarias e veciñais de Compostela e a súa área, amigos e compañeiras e compañeiros de partido renderon este sábado unha homenaxe a Rubén Cela, ex concelleiro do BNG no Concello de Compostela. Foron unhas duascentas persoas convocadas á celebración na que Ana Pontón, Goretti Sanmartín e Eva Cienfuegos subliñaron o traballo de Cela no BNG.

“Non, non é unha despedida de nada”, explicou Cela despois da homenaxe. “A verdade é que cousas deste tipo debían estar reservadas a traxectorias vitais máis longas… pero estou moi agradecido e tómote isto como un recoñecemento ao traballo colectivo do BNG no ámbito municipal de Compostela”.

Cela lembrou que empezou a militar no BNG aos 15 anos, e despois de ocupar cargos na organización e de representación institucional “chegou o momento de pechar un ciclo”. Por iso decidiu non ocupar un posto na lista das nacionalistas para as municipais. “Mais non cambia moito, vou seguir contribuíndo pero desde fóra da vida institucional”.

Comentarios