Política

A coalición da "esquerda rupturista" entre Podemos, Esquerda Unida e Anova non está aínda garantida

Comezan as conversas entre as formacións deste espazo político coa vista posta nas eleccións á Xunta de 2020
Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras na última asemblea de Anova (Europa Press)
photo_camera Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras na última asemblea de Anova (Europa Press)

O espazo político que nas eleccións á Xunta de 2016 se presentou baixo o nome de En Marea e se converteu en líder da oposición a Alberto Núñez Feixoo aínda busca o seu encaixe para os comicios deste ano despois da ruptura do grupo parlamentario no pasado mes xullo. 

A posición do partido En Marea, liderado por Luís Villares, é coñecida: "concentración parcelaria". Sumar a todas as forzas non estatais do espectro da esquerda e nacionalistas para unha "alianza de país" que non implique unha "fusión orgánica". 

Anova iniciou unha rolda de "contactos informais" após a súa asemblea nacional e designou o ex alcalde de Compostela, Martiño Noriega, como responsábel de relacións políticas. 

Segundo fontes da formación nacionalista, o primeiro paso é "testar se se dan as condicións para recuperar o espazo da esquerda rupturista" despois dos acertos, mais tamén erros, cometidos nos últimos meses. 

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios