Coa proposta de Podemos, Cs gañaría 2 escanos en Galiza e En Marea faríase cunha acta máis

As forzas conservadoras manterían a maioría absoluta (12 escanos sobre 23), mais habería unha redistribución a favor de Ciudadanos, que recuperaría representación polas circunscricións galegas.

Congreso deputados español
photo_camera Un aspecto do Congreso dos Deputados

As eleccións de xuño de 2016 ofereceron na Galiza o seguinte reparto: 12 escanos para o PP, 6 para o PSdeG-PSOE e 5 para En Marea.

Se no canto de se ter aplicado a Lei D'Hont se tivese aplicado o sistema eleitoral Sainte-Laguë que agora propón Unidos Podemos, a representación galega no Congreso ficaría así: 10 asentos para o PP, 6 para En Marea, 5 para o PSdeG e 2 para Ciudadanos.

As variacións serían as seguintes: o PP cedería un escano na Coruña (en beneficio de Ciudadanos) e outro en Ourense (que sería para En Marea, que reconquistaría o xa obtido en decembro de 2015). Mentres tanto, o PSdeG perdería unha acta en Pontevedra, que iría para o partido de Albert Rivera.
 

Comentarios