Os primeiros resultados sitúan o PP lixeiramente por diante do PSOE na Galiza. Ambos os partidos empatan en número de escanos, con 10. En Común-Unidas Podemos mantén as súas 2 actas, 1 pola Coruña e 1 por Pontevedra.
Xógase todo no escano que perde Ciudadanos na Coruña, acta que disputan BNG e Vox. De momento a forza nacionalista supera en punto e medio aos ultraespañolistas na circunscrición da Coruña: o BNG está no 9,39% dos apoios e Vox co 7,9%.