Resultados provisionais

Co 98% escrutado, PP 41, En Marea 14, PSdeG 14 e o BNG 6

[EN ACTUALIZACIÓN] Co 98% das papeletas escrutadas, o PP acada de maneira folgada a maioría absoluta ao se facer con 41 escanos. En Marea logra 14 e o PSdeG logra 14 escanos, mentres que o BNG obtén 6.

Eleccións Galegas. Colexio eleitoral Oleiros.
photo_camera Colexio electoral en Oleiros

Cando están escrutadas o 98% das papeletas no conxunto do país, os resultados son os seguintes:

PP: 41 (13 pola Coruña, 8 por Lugo, 9 por Ourense e 11 por Pontevedra)

En Marea: 14 (5 pola Coruña, 2 por Lugo, 2 por Ourense, 5 por Pontevedra)

PSdeG: 14 (5 pola Coruña, 3 por Lugo, 2 por Ourense, 4 por Pontevedra)

BNG: 6 (2 pola Coruña, 1 por Lugo, 2 por Pontevedra e 1 por Ourense)

Comentarios