Enquisa sobre forzas estatais

Ciudadanos písalle os talóns a PP e PSOE e Podemos segue caendo

Unha enquisa publicada por El País outórgalle a maior intención de voto ao PSOE, co 23,5%, practicamente empatado co PP, 23,4%. Séguelles moi de perto Ciudadanos, co 21,5%, que se sitúa como forza política clave.

Elecciones 1
photo_camera Elecciones 1

A dous meses para as eleccións xerais, a enquisa de Metroscopia para El País sitúa o PSOE (23,5% dos votos) e o PP (23,4%) practicamente en táboas, seguidos moi de perto por Ciudadanos (21,5% dos votos), que confirma o seu auxe despois do resultado recollido nas eleccións catalás.

O partido de Albert Rivera, único representante político das forzas estatais ao que as persoas enquisadas lle dan o aprobado, písalle aos talóns ao bipartidismo español e eríxese como forza clave nun hipotético empate entre PSOE e PP. O “sorpasso” de Ciudadanos xa quedou reflectivo a pasada sexta feira, día 9, no estudo de Metroscopia no que o coloca como forza líder na Comunitat Valenciana.

A outra cara da moeda é Podemos, que ratifica a súa caída cada mes, situándose no 14,1%. Cómpre lembrar que no mes de xaneiro, Podemos acadaba nunha enquisa de Metroscopia o 28% dos votos, moi por riba do PSOE e do PP. Daquela, Ciudadanos estaba no 8% dos votos.

Segundo esta enquisa publicada hoxe por El País, Izquierda Unida faríase co 5,6% dos votos.

Comentarios