Ciudadanos pide ao PSOE que se absteña para permitir un goberno do PP

“A bola está no tellado de Pedro Sánchez”, dixo Albert Rivera, afirmando que a outra opción é un goberno de 11 partidos: “PSOE, os 8 de Podemos, ERC e PNV”.

Albert Rivera
photo_camera Albert Rivera

Albert Rivera, presidente de Ciudadanos, afirmou esta segunda feira que o seu partido está disposto a se abster para permitir así un goberno do PP en minoría e que non sexa preciso, dixo, repetir as eleccións. Mais como a súa abstención non chega por si soa para investir presidente, o líder da formación laranxa pide a Pedro Sánchez que o PSOE faga o mesmo.

Rivera fixo estas declaracións en varias emisoras, incidindo que “a bola está no tellado de Sánchez”. O socialistas debe optar, proseguiu Rivera, entre permitir un goberno en minoría do PP cuns orzamentos xa apaorbados ou ben en tentar formar goberno “ou algo que se lle pareza” con 11 partidos, “os 8 de Podemos, PSOE, ERC e PNV”.

Para Rivera, un pacto con formacións soberanistas é inaceptábel. “O PSOE ten que pensar en España”, dixo, e criticou que os socialistas estivesen tentados de facer un goberno de coligazón, no que inclúe Bildu. “Sería o peor que fixo o PSOE nos últimos 30 anos”. O de Ciudadanos asegura que “baróns” socialistas concordan coa postura partidaria dunha abstención socialista que permita gobernar o PP:


 

Comentarios