martes 07.04.2020
ELECCIÓNS

Ciudadanos elixe esta fin de semana a súa candidata á Xunta

Seis integrantes de Ciudadanos pelexan esta fin de semana por ser a candidata do partido a presidir a Xunta.

Beatriz Pino é unha das candidatas a liderar as listas de Ciudadanos (arquivo).
Beatriz Pino é unha das candidatas a liderar as listas de Ciudadanos (arquivo).

As 980 afiliadas de Ciudadanos na Galiza están chamadas a votar esta fin de semana para escoller candidata ás eleccións autonómicas de 5 de abril. Son seis as aspirantes a liderar as listas á Presidencia da Xunta. A portavoz do partido e membro da xestora nacional, Beatriz Pino, enfrontarase a David Álvarez, José Manuel Blanco, Juan Antonio Díaz, Jorge Marín e Manuel Jesús Morgade. 

Se Pino representa a candidatura considerada 'oficial', fontes da formación identifican coa liña crítica a Manuel Jesús Morgade e a José Manuel Blanco López, o que fora cabeza de lista do partido por Lugo nas últimas xerais e que estivo no acto no que Francisco Igea participou en Santiago na pasada xornada.

Tanto en Galicia como no País Vasco, onde Ciudadanos irá nas listas xunto ao PP, os afiliados poden votar por vía telemática desde a pasada medianoite até o domingo ás 19.00 horas. 

Preocupación polas incidencias

José Manuel Blanco, candidato ás primarias de Ciudadanos para a Xunta, amosou a súa preocupación polo discurrir da xornada electoral. Según denuncia nun comunicado, após 17 horas dese o inicio da xornada, as afiliadas non puideron exercer o seu dereito ao voto por problemas informáticos no sistema. 

Blanco asegura que “ningún responsable se puxo en contacto comigo para explicar esta situación” e critica que “a única mensaxe que figura na conta oficial do partido @CsGalicia sexa unha mensaxe de difusión dunha das candidatas, a oficialista Beatriz Pino

comentarios