Ciudadanos, en contra do uso do galego no Congreso

Rexeita que as "linguas cooficiais" sexan empregadas nas sesións. "Non é a nosa intención pedir pinganillos para todos os deputados", dixo Albert Rivera. 

"Son partidario de que nos entendamos na Cámara", dixo o líder de Ciudadanos e deputado no Parlamento español, Albert Rivera. "Para non ter que ir todos cun pinganillo nun mesmo país que ten unha lingua oficial pois nós cremos que nos entendemos na Cámara" e "con iso está todo dito", afirmou. 

"Temos que usar as linguas oficiais como medios de comunicación non como reivindicacións identitarias"

Ciudadanos oponse así a que @s parlamentares poidan expresarse durante as sesións en galego, catalán ou basco. "Penso que temos que usar as linguas oficiais como medios de comunicación non como reivindicacións identitarias" pois "por sorte" no Estado español, acrecentou, os "Estatutos de autonomía xa recoñecen o plurilingüismo nas comunidades con dúas linguas". Algo que dixo "reivindicamos". 

Porén, a liña seguida recalcou que "non é a nosa intención pedir pinganillos para todos os deputados" da Cámara xa que "todos entendemos a lingua oficial do estado, sentenciou. 

Así as cousas, na sesión de constitución do Congreso parlamentares das circunscricións galegas e catalá empregaron a súa lingua propia para prometer o cargo. Un feito que embora non estar permitido polo regulamento da Cámara --si o está no Senado-- foi respectado polo novo presidente, Patxi López

Comentarios