Ciudadanos afirma na Coruña que “chegou o momento” de “desembarazarse” do nacionalismo

A formación laranxa adiantou o feche da campaña en Galiza a esta quinta feira.

ciudadanos

A Coruña foi a cidade elixida por Ciudadanos para o seu feche de campaña en Galiza esta quinta feira. Un acto no que acompañaron á candidata ao Congreso Marta Rivera, o ex alcalde coruñés e ex embaixador ante o Vaticano, Francisco Vázquez; e polo eurodeputado Javier Nart.

Para Rivera, “chegou o momento de desembazarnos do peso morto do nacionalismo” e dos “burócratas que non cren na súa terra”. A candidata dixo que é a hora de que Albert Rivera sexa presidente do Estado español e criticou Pedro Sánchez, afirmando que “o sanchismo son as cinzas do PSOE”.

Defendeu que Cs é o partido que aposta “nos autónomos e emprendedores”, e defendeu a necesidade de "novas políticas" que eviten as diciultades que dixo que hai en Galiza para crear empresas. Acusou o PP de crer “que Galiza é súa”.

O eurodeputado Javier Nart animou a votar Ciudadanos, indicando que estamos en tempos “críticos, no institucional e na convivencia nacional”.

Comentarios