NÓS FICARíA FóRA

Alta taxa de indecisión nun CIS que pon o PP por diante e outorga representación na Galiza a En Marea e Ciudadanos

O barómetro electoral prevé 120-128 escanos para o grupo parlamentar popular, 77-89 para PSOE e 63-66 para Ciudadanos. Podemos fica entre 23 e 25.

Congreso

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) vén de facer público o resultado do seu barómetro correspondente ao mes de novembro. Na véspera de arrincar a campaña electoral o estudo outorga vantaxe ao Partido Popular, embora perder representación a respeito de hai catro anos, ficando con entre 120 e 128 escanos (28,6% de estimación de voto).

Pola súa banda, o PSOE caería até os 77-89 deputados (20%). Irrompería con forza Ciudadanos, que segundo o barómetro obtería 0 19% do voto estimado e entre 63 e 66 escanos. Entrementres, Podemos recollería o 9,1% obtendo entre 23 e 25.

4 de cada 10 persoas enquisadas (41,6%) aínda non decidiu a intención do seu voto, dez puntos máis que hai 4 anos

Na Galiza, o CIS prevé a caída do Partido Popular que perdería representación embora manterse como primeira forza. Neste senso, a enquisa apunta á queda de 5 escanos, pasando dos actuais 15 a 10. O PSOE manteríase ou ficaría sen un representante (5-6).

As dúas novas forzas políticas que entrarían no Congreso por Galiza serían Ciudadanos, con 2 escanos, e En Marea, para a que o CIS prevé 5 ou 6 representantes.

Pola súa banda, NÓS, Candidatura Galega non obtería representación.

Por circunscricións, os resultados deitados polo barómetro deixarían o seguinte reparto:

  • A CORUÑA: PP 3, EN MAREA 2, PSOE 2, C’s
  • LUGO : PP 2, EN MAREA 1, PSOE 1
  • PONTEVEDRA : PP 3, EN MAREA 2-1, PSOE 1-2, C’s 1
  • OURENSE : PP 2, EN MAREA 1, PSOE 1

Así as cousas, o CIS reflicte tamén que 4 de cada 10 persoas enquisadas (41,6%) aínda non decidiu a intención do seu voto. O que resulta 10 puntos por riba da indecisión reflectida no mesmo barómetro hai 4 anos, tamén a un mes das eleccións (31,5%).

Comentarios