Cs supera por vez primeira Podemos e as confluencias

O CIS confirma o escoramento do eleitorado cara á direita

A tendencia é cara á direita. Cae o PP, mais quen tira réditos da súa queda é Ciudadanos. O bloco conservador (PP+Cs) sobe a respeito das xerais de 2016. O PSOE sobe lixeiramente e Podemos e o mundo das confluencias perde 2,1 pontos. En Marea cedería 0,1 pontos.

Colexio electoral 20D eleccións xerais
photo_camera Un colexio eleitoral en Oleiros

O CIS confirma as tendencias de fondo dos inquéritos realizados por empresas privadas -a forza en ascenso é Cs-, mais continúa a colocar os restos do vello bipartidismo -PP e PSOE- por diante do partido laranxa.

Non é mal inquérito para os sectores que dentro do PP defenden o relevo de Rajoy. A marca da gaivota manteríase en cabeza, co 26,3 por cento, mais a súa perda a respeito das eleccións xerais de xuño de 2016 é considerábel. Cedería 6,7 pontos. Pouco máis o menos o que incrementa Ciudadanos, que daría un pulo espectacular ao pasar de 13 a 20,7 por cento dos apoios. Os críticos ao inquilino da Moncloa poden argumentar agora que o partido gañaría as eleccións con maior folgura de mudar o candidato.

A marca da gaivota manteríase en cabeza, co 26,3 por cento, mais a súa perda a respeito das eleccións xerais de xuño de 2016 é considerábel. Cedería 6,7 pontos

Porén, se o analisamos en termos de blocos ideolóxicos, a direita estaría a se reforzar no Estado, empurrada por un partido que claramente está a rentabilizar a súa condición de principal opositor do soberanismo catalán. En 2016 PP e Cs sumaron conxuntamente 46 por cento dos sufraxios. Agora terían 47 por cento. Un ponto máis.

Canto ao PSOE de Pedro Sánchez, o avanzo sobre as xerais é moi magro. Aquel 22,7 por cento de xuño de 2016 tornaríase agora en 23,1 por cento. Catro décimas máis. A leitura negativa que se pode facer en Ferraz é que o PSOE é incapaz de liderar o taboleiro embora o PP estar no seu mínimo histórico e a direita comparecer dividida por vez primeira en décadas.

A leitura negativa que se pode facer en Ferraz é que o PSOE é incapaz de liderar o taboleiro embora o PP estar no seu mínimo histórico e a direita comparecer dividida por vez primeria en décadas

Sobre as xerais, tamén cae -e significativamente- Unidos Podemos e as confluencias. Pasarían dun 21,1 a un 19 por cento. Unha queda de 2,1 por cento. Por vez primeira en anos ficarían na cuarta praza nun inquérito do CIS. Lonxe do sorpasso ao PSOE -o obxectivo co que enfrontaron as xerais de 2016-, Podemos sería agora sorpassado -a primeira ocasión en que isto ocorre- polo partido de Albert Rivera.

A suma PSOE-Unidos Podemos e confluencias tamén diminúe a respeito de 2016: o 43,8 de 2016 agora sería 42,1 por cento, novo sinal do escorregamento do eleitorado cara posicións máis conservadoras -e españolistas-.

Podemos sería agora sorpassado -a primeira ocasión en que isto ocorre- polo partido de Albert Rivera

A respeito de En Marea, a súa tendencia espella a xeral da confluencia: tamén baixa, a respeito das últimas xerais, en concreto pasa de 1,4 a 1,3 por cento.

Suba significativa de ERC

O inquérito rexista un incremento moi significativo de ERC, que se colocaría con 3,4 por cento (2,63 en 2016), salto que, porén, non lle permitiría ser primeira forza en Catalunya, rango que mantería En Comú Podem, con 3,7 por cento. Os comúns non acusan os malos resultados do 21D e mesmo incrementan os apoios (3,55 por cento en 2016). Por súa parte, o PDeCat repite o 2 por cento das xerais anteriores.

Canto ás forzas soberanistas vascas, apenas hai mudanzas. O PNV segue en 1,2 por cento do voto, en tanto que EH Bildu sobe moi levemente, de 0,77 a 0,8 por cento.

Comentarios