O CIS apunta a unha vitoria do PSOE e subas do BNG e Sumar de haber agora eleccións estatais

O PP segue a recortar distancia cos socialistas e a formación de Yolanda Díaz —sen Podemos— ascendería á terceira praza.

Barómetro do CIS de maio. (Gráfico: Europa Press)
photo_camera Barómetro do CIS de maio. (Gráfico: Europa Press)

De se realizar agora leccións estatais, o PSOE sería a forza máis votada malia perder apoios, se ben o PP recortaría diferenzas coa formacións socialista; Sumar irrompería como terceira forza e o BNG rexistraría un aumento de apoios á respecto dos comicios de 10 de novembro de 2019.

Estas son algunhas das conclusións do barómetro de maio que esta cuarta feira publicou o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), o último antes dos comicios do 28M.

O PSOE gañaría as eleccións con 1,9 puntos de vantaxe sobre o PP, logrando 29,1% dos votos.  Isto supón unha mellora a respecto dos resultados que lograron nas urnas en 2019 os socialistas, pouco máis de 28%, mais empeora os que estivo obtendo nestes últimos meses nas enquisas e sondaxes do CIS e nos que non baixaba de 30%.

O Partido Popular, pola súa parte, tería segundo este CIS 27,2% dos votos. O PP segue a subir a respecto de enquisas anteriores e este resultado, ademais, mellora o obtido nas eleccións de 2019, cando non chegara a 22%.

En terceira posición sitúase Sumar, a plataforma da vicepresidenta segunda do Goberno español, Yolanda Díaz, que arrebata a Vox ese posto ao obter 12,3 % dos votos, segundo o CIS. A formación ultra de Santiago Abascal obterían 10,6 %, case cinco puntos menos que nas eleccións estatais de 2019.

Prexudicado pola irrupción de Sumar é Unidas Podemos, que daquel 13% dos votos que logrou nos comicios de hai catro anos tería agora, segundo este barómetro, apenas 6% dos sufraxios.

Os soberanismos

O BNG obtería, de haber agora eleccións estatais, 0,8%  dos votos, unha suba a respecto do logrado nos comicios de 2017 (0,5%) e tamén a respecto dos inquéritos anteriores, que lle outorgaban entre 0,5 e 0,6%.

ERC tería 2,4% dos sufraxios, baixando a respecto do máis de 3% que tivo na anterior cita coas estatais; a CUP obtería 0,7% e Junts per Catalunya 1,2% dos votos. 

En canto ás formacións vascas, PNV lograría 1% dos apoios nas urnas, empatando con e EH Bildu, que tamén estaría en 1% de votos. 

Comentarios