domingo 31.05.2020
Conta atrás para o 26M

Chamadas á participación na xornada de reflexión

Un apelo a “reflexionar ben”. Así se dirixía aos medios na mañá deste sábado a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, desde Compostela, cidade na que tamén pasou a mañá o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Colexio eleitoral Vigo. Municipais 2015
Colexio eleitoral Vigo. Municipais 2015

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, compartiu vermú, en Compostela, con membros da candidatura municipal. Dirixiuse desde alí aos medios para apelar a “reflexionar ben” o voto o domingo, co fin de que “as cidades e o país avancen”. Instou a unha grande mobilización para que as galegas e galegos decidan “o futuro dos concellos” e elixan as súas representantes ao Parlamento europeo.

Pontón agradeceu o traballo á militancia e o “afecto e ilusión” que recibiu nos últimos días. “Xogámonos moito, é un momento moi importante para Santiago”, sinalou ao respecto Goretti Sanmartín, a aspirante do BNG á Alcaldía de Compostela.

Tamén pasou a mañá na capital Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, quen chamou á “participación masiva” para poñer en valor que se vive “nunha democracia avanzada”. Desde a praza de Cervantes e acompañados por membros da Executiva e da candidata número 8 por Santiago –o alcaldábel do partido, Xosé Sánchez Bugallo– non participou, salientou a “proximidade” da campaña realizada polo PSdeG coa que, afirmou, percorreu 9.000 quilómetros.

Luís Villares, portavoz de En Marea, compartiu o sábado de reflexión con amigas e amigos, “debatendo animadamente sobre o futuro de Europa e o ben que nos iría se Lugo mirase máis ao Miño”, afirmaba nas súas redes sociais.

comentarios