Eleccións xerais

Cerna pedirá o voto para Nós, Candidatura Galega e para En Marea

Cerna pídelle aos galegos e galegas que participen de maneira activa nas eleccións xerais e que voten polas dúas candidaturas que resultaron da “falida unidade”, en alusión a Nós, Candidatura Galega e a En Marea.

A formación escindida de Anova sinala nun comunicado após a reunión da súa Comisión de Coordinación que Cerna “traballou activamente por unha única candidatura galega de nacionalistas e non nacionalistas”.

“Non contemplábamos outra vía con garantía de éxito que esa. E por iso lamentamos de novo que non se lograra por razóns partidistas das organizacións políticas”, salienta Cerna. Porén, dada a “urxencia da situación de agresión contra a maioría social” e diante da probábel reforma da constitución, a formación política pide un “esforzo cívico que pase por riba das miserias das cúpulas dos partidos”.

Comentarios