Cerna e 'Marea galega' falan das coincidencias sobre unha 'alternativa de unidade popular'

Ambas delegacións coincidiron, afirma Cerna nun comunicado, na conveniencia de que se unifiquen o “distintos espazos de intervención cidadá” a prol dunha candidatura unitaria.

Segue a rolda de encontros e contactos para avaliar e analizar as posibilidades dunha candidatura unitaria galega para as eleccións xerais que decorrerán antes de que acabe o ano. Desta volta foron Cerna e o Encontro cidadán por unha marea galega quen mantiveron unhya xuntanza, reunión na que houbo coincidencia “nos elementos claves dunha alternativa de unidade popular para unha candidatura galega”, segundo afirma a propia Cerna nun comunicado.

A coincidencia deuse tanto na “diagnose da situación política actual” como á hora de definir os “elementos claves” que debe reunir unha “alternativa de unidade popular” que integre a mareas e candidaturas municipalistas, partidos e cidadáns a título individual. “Tamén houbo acordo na conveniencia de que o espazo de intervención cidadá sexa único e que se dean pasos nesa dirección”.

Por parte de Cerna houbo tamén unha manifestación favorábel que haxa un encontro “en réxime de autoconvocatoria para a unificación dos distintos espazos de intervención cidadá”. Acadado isto, porcederíase a “amplialo a todos os axentes interpelados neste proceso de confluencia, para construír unha alternativa de unidade popular para unha única candidatura galega”.




 

Comentarios