O Centro Galego de Bruxelas desoe as presións e acolle o evento do soberanismo catalán

Xunta e Estado moveron os seus péons para o Centro Galego de Bruxelas non alugar un dos seus locais a unha entidade soberanista catalá. As presións, desde Feixoo a Borrell, foron insistentes. No albo, un festival de música —o City Zen— organizado para comemorar o primeiro aniversario da manifestación independentista que na capital comunitaria se realizou en decembro de 2017 en solidariedade cos políticos exiliados, a comezar polo president Carles Puigdemont. "Nós aplaudimos o que están a facer os cataláns", declarou á axencia catala de noticias Miguel Palomo, o presisdente do centro galego.

we are
photo_camera Un momento do evento. O segundo músico pola esquerda é Lluis Puig, ex conselleiro de cultura do Govern de Puigdemont.

As presións de Monte Pío e a Moncloa foron infructuosas. O Centro Galego mantivo a súa decisión de alugar a súa sala La Tentation a CatGlobal, un grupo soberanista que se move na contorna de Carles Puigdemont. O Festival City Zen, un evento de 12 horas de duración, estase a desenvolver con toda normalidade no momento en que rediximos esta información. Nel toman parte os músicos exiliados e perseguidos pola xustiza española Valtonyc e Lluis Puig, ex conseller de Cultura.

"Eles [os soberanistas cataláns] poden manifestar as súas preocupacions democraticamente e nós non podemos suspender este acto", manifesta Palomo, quen enfatiza que os cargos que se imputan aos exiliados cataláns non son delito en Bélxica [razón pola cal non foron extraditados].

"Non podemos suspendelo, un contrato non se pode tirar ao lixo porque noutros lugares [en España] non teñan o mesmo conceito que en Bélxica", razoa o presidente do Centro Galego de Bruxelas, quen non dubida en mostrar a súa simpatía con Catalunya: "Os catalán sempre foron acolledores", dixo en relación coa colonia galega no Principat.

Palomo tampouco mostra unha especial preocupación por que as autoridades de Madrid e Compostela en represalia, retiren as subvencións que recibe a entidade galega na capital comunitaria. "As achegas das entidades galega ou española apenas supoñen 1,5 por cento do orzamento anual do centro", dixo. Estamos a falar de por volta de 15.000 euros.

A eurodeputada do BNG Ana Miranda anunciou a súa asistencia a este evento.

Comentarios