O censo de votantes volve baixar: 2.190 menos que no 5 de abril

Galiza perdeu un total de 2.190 votantes no censo electoral de cara ás eleccións do 12 de xullo con respecto á cita do 5 de abril, segundo se desprende das cifras publicadas este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
EuropaPress_2651054_urnas_galicia_elecciones_autonomicas_21_octubre_2012
photo_camera Mesa electoral nunhas eleccións galegas (Foto: Europa Press).

A Galiza perdeu un total de 2.190 votantes no censo electoral de cara ás eleccións do 12 de xullo con respecto á cita do 5 de abril, segundo se desprende das cifras publicadas esta sexta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Esta caída prodúcese a pesar de que o censo de migrantes volveu medrar en 720 persoas, mentres que o descenso en territorio galego é máis acusado, ao descender o número en 2.910 persoas.

Así, un total de 2.697.315 galegas están chamados ás urnas o próximo 12 de xullo, segundo as táboas do INE publicadas esta sexta feira. Delas, 2.234.152 son galegas residentes na  Galiza e 463.163 no estranxeiro.

Na cita prevista para o 5 de abril, había 2.699.505 persoas chamadas a votar (2.237.062 residentes na Galiza e 462.443 no estranxeiro), o que supón unha perda do número de votantes, con 1.961 menos que en setembro de 2016.

Comentarios