Causa Galiza e Primeira Linha conmemoran en senllos actos o 'Día da Galiza combatente'

Ambos decorrerán en Vigo este domingo, 11 de outubro, unha data que o independentismo leva comemorando desde hai 14 anos.

bandeiras

O 11 de outubro, data na que sectores do independentismo celebran o Día da Galiza combatente, acollerá dous actos, un organizado por Primeira Linha e outro por Causa Galiza. Ambos coinciden en canto ao lugar de realización, Vigo.

'Anos 80, umha década de luita independentista' é a palabra de orde elexida por Causa Galiza para unha campaña na que realiza palestras informativas para poñer en valor, sinala, unha época de experiencias políticas e organizativas no independentismo. Para poñer o ramo, CG convoca para este domingo, ás 12:00 horas, unha cocnentración na Praza da Vila (oficialmente, Praza da Constitución) de Vigo.

De por parte, Primeira Linha tamén escolle Vigo para a celebración deste 11 de outubro. 'Orgullo comunista. A luita é o único caminho' é o lema elexido por este partido, que organiza un roteiro polo monte Galiñeiro (Vigo) e un xantar de confraternidade. “Reivindicaremos o papel histórico dos comunistas galegos e galegas na luita em defesa dos interesses da classe obreira e do povo trabalhador desde a segunda década dos anos vinte”, afirman no manifesto.

Comentarios