Causa Galiza pide o voto para o BNG no 5-A

Argumenta o voto na necesidade de frear o ‘españolismo’ e aposta en “fechar” o ciclo “de gestom autonómica”.

causa galiza dia da patria Imaxe de GZ contrainfo
photo_camera Causa Galiza no Día da Patria.

A organización independentista Causa Galiza solicita a través dun comunicado o voto para o BNG nas elección galegas do 5 de abril. Un voto que piden, explican, para frear a presenza da “extrema dereita” na Xunta ao tempo que “agudizan”as contradicións que consideran que hai no nacionalismo para avanzar cara ao independentismo.

“Somos céticas a respeito das possibilidades dumha gestom da administraçom autonómica vertebrada polo PSOE com a colaboraçom do BNG e os partidos da esquerda espanhola num marco comum de lealdade institucional”, indican no texto.

Porén, sinalan ese tipo de gobernó si que serviría para “debilitar a máfia empresarial, institucional e mediática com que a extrema direita esgana o País e facilitaria políticas reformistas cuja utilidade, embora limitada, dadas as insuficiências do quadro estatutário, é inegável”.

Causa Galiza enfatiza que a súa prioridade é a de “clarificar e desenvolver umha estratégia efetiva a meio e longo prazo para a rutura com o quadro autonómico e a legalidade constitucional”.

A organización tamén se refire ao proceso represivo da Audiencia Nacional contra o independentismo galego, como unha “excepcionalidade” que impide que nestes comicios haxa una alternativa “independentista e rupturista”.

Nas eleccións xerais de 2019 Causa Galiza tamén chamara o independentismo galego a votar BNG, alegando que era “a opçom tática mais acertada entre as existentes”, toda vez que desbotaba o abstencionismo. “O bloqueio da deriva fascista a curto prazo nom se conjura com um abstencionismo auto-referencial de consumo interno”, afirmaba. 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios