Causa Galiza afirma que nin BNG nin Nós-UP están por facer un 25X "unitario" e "supra-partidario"

A plataforma lamenta que nin BNG nin Nos-Up partillasen o convite para esa unidade no Día da Patria. CG considera que a fórmula unitaria era a acaida á actual situación de “emerxencia nacional e social” 

Causa galiza
photo_camera Causa galiza

Causa Galiza afirma que “foi imposíbel” lograr un compromiso para que haxa un Día da Patria “unitario” e “supra-partidaria”. Afirmación que realiza nun comunicado no cal explica que, “procurando a unidade de acción” do soberanismo ante un escenario de “emerxencia nacional e social”, propuxo ao BNG artellar un formato de convocatoria que posibilitase “unha ampla mobilización soberanista e supra-partidária”. A resposta, sinalan, foi negativa. A mesma, engaden, que recibiron desde Nos-Up.

A plataforma entende que esa imposibilidade dun 25 de Xullo unitario evidencia que “ os procesos de unidade de acción entre forzas soberanistas abertos nestes meses ainda precisan tempo para madurar”

Causa Galiza entende que "este escenario de división evidencia desde a nosa ótica que os procesos de unidade de acción entre forzas soberanistas abertos nestes meses ainda precisa tempo para madurar, consolidarse e estar á altura”. Aliás, falan de traballar para superar esta situación"transitoria" nun "futuro próximo".

Esta organización tamén apunta que, malia as negativas de BNG e Nós-Up, vai impulsar unha serie de contactos e xuntanzas con colectivos e asociacións para tentar erguer este 25 de xullo unha convocatoria "o máis ampla posíbel".


 

Comentarios