Causa Galiza afirma que “foi imposíbel” lograr un compromiso para que haxa un Día da Patria “unitario” e “supra-partidaria”. Afirmación que realiza nun comunicado no cal explica que, “procurando a unidade de acción” do soberanismo ante un escenario de “emerxencia nacional e social”, propuxo ao BNG artellar un formato de convocatoria que posibilitase “unha ampla mobilización soberanista e supra-partidária”. A resposta, sinalan, foi negativa. A mesma, engaden, que recibiron desde Nos-Up.
A plataforma entende que esa imposibilidade dun 25 de Xullo unitario evidencia que “ os procesos de unidade de acción entre forzas soberanistas abertos nestes meses ainda precisan tempo para madurar”
Causa Galiza entende que "este escenario de división evidencia desde a nosa ótica que os procesos de unidade de acción entre forzas soberanistas abertos nestes meses ainda precisa tempo para madurar, consolidarse e estar á altura”. Aliás, falan de traballar para superar esta situación"transitoria" nun "futuro próximo".
Esta organización tamén apunta que, malia as negativas de BNG e Nós-Up, vai impulsar unha serie de contactos e xuntanzas con colectivos e asociacións para tentar erguer este 25 de xullo unha convocatoria "o máis ampla posíbel".