Causa Galiza chama neste 25X a apostar pola vía da “ruptura co Estado español”

A plataforma sitúa a independencia como “única solución aos problemas crónicos” de Galiza, parabeniza o nacemento de GpS e denuncia a vaga represiva contra o independentismo

causa galiza

Causa Galiza sairá, máis un ano, este 25 de xullo en manifestación do Día da Pátria, unha mobilización que, sinala a plataforma pola autodeterminación, aposta por repotenciar “a reivindicación da independencia nacional no contexto de crise múltipla do Estado español e movemento dos tradicionais marcos políticos e ideolóxicos no campo nacionalista”.

CG  entende que o conxunto do nacionalismo entende “liquidada a imaxinaria vía estatutária”, polo que cómpre pular pola “a vía da ruptura co Estado español, a via independentista, única solución aos problemas crónicos” de Galiza.

A plataforma parabeniza a iniciativa Galiza pola Soberanía como ferramenta acaída para facer aumentar a “conciencia nacional galega e a socialización da necesidade da soberanía”. Porén, lamentou que non for posíbel un Día da Patria unitario.

Alerta contra a represión

E desde CG tamén se quere denunciar neste 25X “ “a vaga represiva de brutais dimensións que prepara a Audiencia Nacional, o Ministerio de Interior e os corpos represivos do Estado contra o independentismo”

Comentarios