Causa Galiza chama a fortalecer o “músculo popular independentista” para rachar co “status quo colonial”

Por volta de 500 persoas participan na mobilización independentista, que chama a traballar e implicarse para alargar e ensanchar a base social do independentismo.

causa galiza @gzcontrainfo
photo_camera Foto: @gzcontrainfo

Medio millar de persoas tomaron parte este 25 de xullo na manifestación que convocou Causa Galiza en Compostela baixo o lema ‘Independentismo en marcha’. Unha mobilización que saíu da Alameda para rematar na Praza do Toural após percorrer varias rúas da capital galega.

Causa GalizaAs consignas e berros a favor da liberación nacional e social da Galiza  e a solidariedade para cos presos e presas independentistas foron dúas constantes ao longo da mobilización, ‘vixiada’ por un bo número de axentes da policía española, varios deles á paisana.

O manifesto lido no Toural fuxiu de pesimismos paralizantes. Describiu a realidade do país como de “emerxencia nacional”, tanto no campo demográfico, como no social, no económico ou lingüístico e cultural. Fronte a isto, a independencia é a ferramenta para rachar “coa continuidade da dependencia” de España.

"Darmos um novo passo adiante"

Causa Galiza chamou á implicación, ao traballo e ao compromiso para “ativar um processo popular que a meio e longo prazo possibilite a rutura democrática nacional com o Estado porque esta é a única saída possível à tragédia coletiva que vive a Galiza”.

Nesta liña, sinalou que embora estes 40 anos baixo condicións de “morinorización e represión” o independentismo galego foi quen de pervivir e de manter o facho da defensa da independencia nacional.  “Agora, corresponde a quem recebemos o facho nesta carreira de fondo, seguir desenvolvendo o processo que nos leva à independência nacional e darmos um novo passo adiante: construir o projeto político e desenhar a estratégia que fagam possível esta perspetiva, com vocaçom de massa; com introduçom e incidência social e com capacidade para romper o círculo vicioso da repressom. Um projeto livre de covardias, que chame as cousas polo seu nome e fortaleza dia após dia o músculo popular independentista”.

Comentarios