Causa Galiza avoga pola insumisión a España

A convocatoria de Causa Galiza "no camiño da liberación nacional e social" volveu levar ás rúas de Compostela a defensa da independencia

Causa Galiza voltou ás rúas de Compostela, máis un ano, no Día da Patria. Desta volta,e baixo a premisa de "no camiño pola liberación nacional e social da Galiza", unhas duascentas persoas secundaron a convocatoria da plataforma pola autodeterminación. Bandeiras da Patria, ikurriñas, esteladas, comuneras casteláns, irlandesas... deron cor a unha mobilización onde en ningún momento @s participantes perderon folgos na reivindicación da independencia para Galiza.

@s presos independentistas foron lembrandos en todo momento pol@s manifestantes

A marcha partiu da alameda de Compostela pasada a unha da tarde parde a percorrer boa parte do ensanche e zona vella compostelá. "Liberdade patriotas galeg@s", "España é a nosa ruina", "Que queiran que non Galiza é unha nación" foron algunhas das palabras de orde coreadas con forza pol@s asistentes. Había xente de Vigo, A Coruña, Lugo, Ribeira, Cangas... e moitas máis cidades e vilas do país. A diferenza de anos anteriores, a manifestación non estivo 'escoltada' por unha forte dotación policial. Observador@s de Esculca, sem embargo, acompañaron a mobilización en todo momento para garantir que non houbese "excesivo celo polical".

Pres@s independentistas

As e os presos independentistas estiveron en todo momento presentes na manifestación. Non físicamente, "pois están dispersad@s en cárceres españolas a centos de quilómetros da súa Terra", mais si nas consignas, faixas e lembranza das e dos manifestantes. Un dos aplausos máis prolongados producíuse ao paso da mobilización pola Praza da Galiza, onde voluntari@s de Ceivar  sostiñan unha faixa pedindo a liberdade de Antom, María, Teto, Telmo, Santi, Eduardo e José Manuel. "Pres@s na rúa, a loita continúa" xurdíu de ducias de gorxas.

A manifestación de Causa Galiza tiña previsto finalizar na Praza do Toural, ao igual que a de Nós-UP. A coincidencia fixo que a marcha de CG tivese que facer 'espera' prolongando o seu percorrido pola zona vella.

"Organizar o soberanismo para libertar Galiza"

Xa no Toural, e baixo un sol esmagador, Xosé Antón Gómez, Muros, un dos voceiros de CG, dirixiuse ás e aos asistentes para enfatizar na necesidade de manter o traballo en claves de soberanismo de cara a "libertar Galiza". Muros, que iniciou o discurso cunha lembranza aos presos e presas independentistas, sinalou que "estamos gobernados por delincuentes", en referencia á casta política e económica, e cunha especial referencia á monarquía española. Avogou por traballar para facer da Galiza "un país onde o pobo se sinta plenamente galego" e por abrir vúas e canles de traballo que favorezan un escenario onde a soberanía da Galiza sexa unha realidade.

"Isto non é unha crise, é unha estafa ao pobo"

"Non renunciamos á Patria Galega"

Entre as persoas que se sumaron á convocatoria de Causa Galiza estaba Eva, unha estudante da comarca do Deza, que, acompañada de dúas amigas, afirmaba que "estou aquí porque se queremos sacar Galiza adiante temos que participar nas manis pola súa autodeterminación, igual que na folga xeral ou nas mobilizacións ambientalistas". Sobre a división do independentismo en dúas manifestación esquiva pronunciarse mais sinala "que non ten sentido ningún" e recoñece que optou pola de Causa Galiza "porque para min recollen mellor o sentir de que non hai que renunciar a unha Patria Galega".

Finalizado o acto no Toural, Causa Galiza aínda mantiña unha proposta máis no seu programa do 25: Un xantar-romería popular no parque de San Roque.

Rondalha da Bandeira, fanada

A Rondalha da Mocidade pola Bandeira, convocada pola AMI e Adiante na noite do 24 de xullo, non puido realizarse ante o amplo desplegue de ducias de antidisturbios totalmente equipados, que cercaron a Praza 8 de Marzo onde estaba prevista a saída, e anunciaron que cargarían con contundencia. A pesares diso, grupos de mozos e mozas avanzaron pola rúa de San Pedro. A Policía Nacional, segundo recoñecían observadores de Esculca, centráronse entón na "represión de baixa intensidade" mediante identificacións que conlevarán unha sanción económica (de por volta duns 300 euros). Algunhas fontes sinalan que a policía mesmo se achegou até o centro social Arredista para proceder a identificar e tentar amedrentar a moz@s independentistas.

"Te voy a pintar la bandera de España en tu puta cara"

Segundo recolle Diario Liberdade, na noita do 24 de xullo policías á paisana identificaron tamén a varios integrantes de Briga a un dos cales, un dos axentes lle tería dito: "Te voy a pintar la bandera de España en tu puta cara".

 

Comentarios