Unha iniciativa da Autónoma de Madrid

Catro campus galegos votarán nun referendo sobre a monarquía

Alumnado das tres universidades galegas está a organizar estes días un referendo pola monarquía. A iniciativa xorde após a se ter producido convocatorias semellantes en diferentes puntos do estado español. A idea parte do estudantado da Autónoma de Madrid.

 

Referendo monarquía usc
photo_camera Cartaz da convocatoria na USC

As asembleas teñen lugar nos propios campus e espérase que delas saia a data definitiva para a consulta. En Vigo veñen de realizalas nas terceiras feiras 20 e 27 de novembro de cara a preparar a votación xa fixada para a terceira feira 4 de decembro. Na Coruña, a primeira foi a cuarta feira 21 de novembro e a segunda terá lugar na quinta feira día 29.

Ourense tivo a súa quenda a segunda feira 26 de novembro, mentres que a terceira feira 27 de novembro se realizou a primeira de Compostela, da que saíu a cuarta feira 12 de decembro como data para o referendo. 

Todo o estudantado, PDI e PAS están chamados a votar nos diferentes puntos que se estabelecen no país. En España, o número total de universidades supera a vintena. Un total de 26 centros están chamados a votar, a maioría con data fixada para decembro. 


 

Comentarios