Castelao Bragaña renuncia ao título de fillo adoptivo de Negreira

O ex deputado do PPdeG toma a decisión logo de verse forzado a demitir como Presidente do CXCEE por mor dunhas polémicas declaracións machistas.

Manuel Castelao Bragaña vén de renunciar ao título de fillo adoptivo do Concello de Negreira. O nomeamento honorífico foralle outorgado en 2001.

O ex deputado do PPdeG adoptou esta decisión por mor da polémica que o obrigou a demitir da presidencia do Consello Xeral da Cidadanía Español no Exterior, logo dunhas declaracións nas que afirmou que “as leis son como as mulleres, están para ser violadas”, que lle valeron fortes críticas da oposición quen as cualificou de “apoloxía do terrorismo machista”.

Aliás, a semana pasada o Concello de Valga acordaba por unanimidade a apertura dun expediente do que podería concluír a retirada o título de fillo predilecto tamén nese municipio.

Comentarios