Casal chama á participación para lograr "un Goberno plural"

O candidato de Marea Galeguista á Presidencia da Xunta, Pancho Casal, chamou á participación nas urnas para garantir que haxa un "Goberno plural".
O candidato da Marea Galeguista, Pancho Casal, votou na Coruña
photo_camera O candidato da Marea Galeguista, Pancho Casal, votou na Coruña

Na Coruña votou na mañá deste 12-X o candidato da Marea Galeguista á Presidencia da Xunta, Pancho Casal. Após exercer o seu dereito ao voto incidiu na necesidade de que "todas e todos os galegos estean presentes nas urnas ante un momento trascedental" en que se definirá o proceso de reconstrución da Galiza após a pandemia. Así, lamentou que nos comicios de 2016 "só 25% das galegas e dos galegos decidisen o Goberno" que se conformou na Xunta.

Ademais, Pancho Casal criticou que non se tomasen medidas para garantir o dereito ao voto das persoas contaxiadas pola Covid-19 e lembrou que a súa formación expuxo a posibilidade de habilitar de modo extraordinario o voto por correo para permitilo.

O candidato remarcou que a Xunta, o Goberno español e a Xunta Electoral Central non estabeleceron as medidas precisas para iso e asegurou que a recomendación de levar sobres coas papeletas desde a vivenda prexudica as formacións, que, como Marea Galeguista, non enviaron publicidade electoral a domicilio.

Comentarios