Feixoo: "Vox foi o xoguete do PSOE para dividir o centro dereita"

Casado pide concentrar o voto no PP para converter os concellos nun "dique de contención" contra Sánchez

Os presidentes do Partido Popular e do PPdeG, Pablo Casado e Alberto Núñez Feixoo, respectivamente, acudiron hoxe á romaría do Pino para pedirlle ao electorado de centro-dereita que apoie o seu partido para frear a Sánchez. 

20190504_Romeria5
photo_camera O PPdeG congregou cinco mil persoas no Pino [Imaxe: PPdeG]

O presidente do Partido Popular de Galiza, Alberto Núñez Feixoo, exerceu hoxe de anfitrión de Pablo Casado na súa romaría do Pino, onde ámbolos dous dirixentes pediron para si o voto do electorado de centro dereita co obxectivo de "frear o PSOE de Pedro Sánchez". Casado, que asegurou ter "captado a mensaxe" das urnas o pasado domingo, recalcou que "somos conscientes dos nosos erros, pero tamén queremos transmitir de que temos a mellor solución aos problemas da nosa xente". "Cando pintan bastos somos os que sacamos as castañas do lume", sinalou. 

Casado referiuse a Feixoo como "o referente" do Partido Popular. O presidente da Xunta instou na súa intervención a principiar a "remontada" e, para acadalo, advertiu de "non cometer o erro prexudicial de dividir o voto" porque dese xeito "a esquerda, o populismo e o nacionalismo gañan". "Temos que unirnos se queremos volver gañar e, para unirnos", explicou, "temos que volver convivir entre todos e aceptar que non todos pensamos e sentimos o mesmo". 

Núñez Feixoo fixo un chamado aos votantes de Ciudadanos e Vox cando dixo que "no PP teñen cabida" para evitar así que "o seu voto non volva beneficiar os seus adversarios políticos". Nesa liña, sinalou que "Vox foi o xoguete de Pedro Sánchez para dividir o centro e a dereita en tres partidos e mobilizar así o voto ao seu favor".

O presidente do PPdeG dirixiuse ao público para lembrarlle que "estamos aquí arroupando a Pablo Casado" e recalcou que "xa se acabou o tempo de dó e de decepción porque estamos á orde para reconstruír as mariorías, a unión do voto e para remontar. Debémosvos a remontada", dixo, 

Comentarios