Carmen Santos renuncia a competir para liderar Podemos en Galiza

Apoiará, iso si, a proposta de candidata que faga a actual dirección e que avanzou que vai ser unha muller.

carmen santos un mar de xente
photo_camera carmen santos un mar de xente

Carmen Santos non competirá para liderar Podemos en Galiza. A actual secretaria xeral, cargo ao que accedeu en 2016, anunciou que renuncia a participar no proceso de renovación do partido en Galiza que vai concluír en outubro.

Santos, iso si, apoiará a proposta que defenda a actual liña de dirección de Podemos Galiza – que será unha muller, anunciou, e que competirá polo liderato do partido coa de Antom Gómez-Reino, Tone, deputado no Congreso dos Deputados.

A aínda secretaria xeral defendeu o traballo desenvolvido nestes dous anos, centrados na “pacificación” e “fortalecemento” de Podemos no noso país. “Voume satisfeita, isto non é un paso atrás”, pois continuará o seu compromiso se en no campo insttucional.

Reprochou a Gómez-Reino que non comunicase aos equipos de traballo nestas eleccións que ía concorrer como candidato, equipos cos que o deputado, dixo, nin sequera contactou.

Comentarios