Carga policial en Vigo contra manifestantes que protestaban polo mitin de Vox

Unha persoa detida. A Policía empregou pelotas de goma contra as manifestantes.

vox vigo cargas antifa
photo_camera Imaxe: GZ Contrainfo

Antidisturbios da Policía española cargaron na noitiña desta quinta feira en Vigo contra manifestantes que protestaban fronte ao mitin de Vox no Auditorio Beiramar e no que participou o líder da formación de extrema dereita, Santiago Abascal. "Fóra fascistas da Galiza" ou "Fascismo Nunca Máis" foron algunhas das consignas que se berraron nesa concentración.

Por volta de 200 persoas, segundo fontes da asistencia ao acto, tomaron parte na concentración antifascista, na que se denunciou o "fascismo", "machismo" e "españolismo" da formación de extrema dereita . A Policía española xustificou a carga en que desde a concentración se lle guindou diferentes obxectos. As cargas estendéronse por Jacinto Benavente e contorna. Houbo unha persoa detida, acusada de disturbio público.

Comentarios