Candidatura do Povo persónase como acusación popular na 'Pokemon'

A formación pide que se ''investigue até o final'' o entramado de corrupción en Compostela e avoga pola disolución do goberno local.

candidatura do povo

Candidatura do Povo presentou esta sexta feira ante o Xulgado de Lugo que instrúe a 'Operación Pokemon' unha querela mediante a que pide personarse como acusación popular ou exercer a acción popular, segundo informa a axencia AP. Candidatura concretou que a acción penal diríxese contra o ex-alcalde Conde Roa e o asesor Ángel Espadas, así como contra toda persoa que a resultas das dilixencias estea implicada. Neste sentido, lembran que nunha conversa gravada entre Conde Roa e Espadas falan das denuncias feitas mediante cartaces por Candidatura sobre corrupción e dos problemas que iso podería traer. E que deron ordes de retirar os carteis das rúas da cidade. O que entende que poder ser prevaricación, alén dun ataque contra a liberdade de expresión.

Candidatura do Povo pide ao xulgado personarse na causa para que poida ter acceso como parte o actuado e feito até o de agora no marco da Pokemon, aliás de poder solicitar probas que entenda necesarias. A formación considera que debe disolverse a coporación compostelá.

Comentarios