MUNICIPAIS2015

O candidato do PP Jesús Vázquez non se presenta a tempo para o debate electoral da TVG

O PP atribúe a súa ausencia a un erro da responsable de comunicación. O anterior conselleiro de Educación promoveu hai un mes a celebración dun debate. 

jesús vazquez pp ourense


O candidato do PP, Jesús Vázquez, ausentouse dun debate electoral na CRTVG co resto de candidatos e candidatas á Alcaldía en Ourense, gravado este domingo. A formación popular atribuíuno a un “erro humano” na xestión da axenda de campaña.

Un “erro” que asumiu “persoalmente a responsable de comunicación de Jesús Vázquez”, segundo o comunicado do PP. O candidato popular asegura que avisou aos demais aspirantes á Alcaldía, desculpando o atraso.

Vázquez quería que esperasen unha hora e media, segundo o PSOE de Ourense, que negouse a facelo e que criticou a ausencia do anterior conselleiro de Educación como unha mostra da “falta de interese” que ten pola cidade de Ourense.

“Non quería ser candidato, tiveron que obrigalo e o demostra cada día, escondéndose e actuando con pouca seriedade”, manifestaron desde a formación socialista.

Tan só unhas semanas atrás, o propio candidato do PP pedía o 15 de abril un debate electoral, nunha campaña de varias candidaturas populares. 

Comentarios