28-M

O candidato do PP condenado por violencia machista gaña as eleccións na Illa de Arousa

O PP logra 5 edís, a primeira vez que gaña uns comicios municipais neste Concello da comarca do Salnés.

Matías González Cañón, nunha intervención durante un acto do Partido Popular de Pontevedra. (Foto: PP)
photo_camera Matías González Cañón, nunha intervención durante un acto do Partido Popular de Pontevedra. (Foto: PP)

Matías González Cañón foi sentenciado en 2011 a 25 xornadas de traballos comunitarios e nove meses de afastamento da súa parella de entón por agredila en plena rúa.

González Cañón encabezaba a candidatura do Partido Popular á Alcaldía da Illa de Arousa este 28-M. En plena campaña saíu a nova da súa condena, o que levou ao PP a asegurar que Gozález Cañón non faría parte do grupo municipal do PP. O resto da candidatura popular na Illa desobedeceu a dirección da formación e mostrou o seu apoio a González Cañón.

Matías González Cañón vén de gañar as eleccións este domingo na Illa de Arousa, co 43% dos votos neste Concello da comarca do Salnés. Obtivo 5 concelleiros e concelleiras, un máis dos quer o PP logrou nos comicios de hai catro anos.

O PSdeG, partido que gobernou sempre A Illa de Arousa, caeu das seis actos que obtivera nas leccións de 2019 ás 3 que logra este domingo.

O BNG sobre e pasa de 1 a 3 representantes na Corporación da Illa.

En principio, todo apunta a que González Cañón non será alcalde, pois non logrou a  maioría absoluta ao ficar en 5 edís por 6 que suman socialistas e nacionalistas.

Comentarios