Camilo Nogueira e Xabier Ron valoran o #SermosDebate

O histórico dirixente nacionalista Camilo Nogueira e o deputado de AGE Xabier Ron asistiron en directo ao debate electoral na Nave de Vidán en Compostela. Estas foron as súas impresións:

Camilo Nogueira:

– “Un debate correcto e cordial, posiblemente porque son mulleres”. 

– “Creo que Carme Adán foi a gañadora, pola súa potencia dialéctica e porque estou de acordo coas súas posicións”.

– “Defendeu que Galiza ten que estar no debate e para Galiza estar presente, ten que estar Nós”.

– “O grupo parlamentar galego no Congreso existirá se está Nós, outras non poden formulalo”.   

Xabier Ron:

– “Foi unha mágoa que non estivera o PP e Ciudadanos para confrontar os programas”.

– “Interesantes certos dilemas e discrepancias en cuestións estratéxicas, como no artigo 135 da Constitución ou co TTIP”.

– “Houbo moitos puntos en común pero nos matices a xente percibirá as diferenzas”

– “Desde En Marea defendemos o dereito a decidilo todo, mais desde Galiza”.

Comentarios