“Calquera alternativa de goberno a Feijóo terá de ollar para a experiencia do bipartito"

Sermos entrevista no seu número 189, xa na rúa, o portavoz do grupo parlamentar do PSdeG-PSOE, José Luis Méndez Romeu. Na conversa, Méndez Romeu desbótase como cartaz para as eleccións galegas e manexa a hipótese de que Feijóo -"o único candidato do PP posíbel"- avance os comicios. Nese sentido, até acha verosímil que as convoque en maio, antes da eventual repetición das xerais axenda para o 26 de xuño. Eis un fragmento da entrevista.

José Luis Méndez Romeu
photo_camera Méndez Romeu, nun momento da conversa

-Para haber un cambio de goberno no mínimo teñen de se cumprir dúas condicións: unha, que ese goberno estea deteriorado; dúas, que haxa unha alternativa verosímil. Desde a súa experiencia no bipartito como conselleiro, ve unha hipótese de acordo para un eventual executivo de coligazón na Xunta?

-O goberno que houbo na Galiza entre os anos 5 e 9, tan fortemente deostado polo PP, continúa a ser unha referencia. Os dados, os indicadores sociais, económicos, de rendas, do ano 9 continúan a ser mellores dos que o ano 16. Portanto, parece que naquel momento, e coa crise xa iniciada, aquel goberno tiña ideas máis claras e máis capacidade de xestión e máis capacidade de transformación do país. 

En todo caso, calquera  experiencia de goberno ten que aprender tanto dos acertos como dos erros daquel goberno entre o PSOE e o BNG que tivo tan bos resultados. Nós temos unha experiencia longa de coligazón en concellos e deputacións co BNG. Hai cousas que xa non nos temos que explicar. Con outras forzas, se chega o caso, haberá que facer ese traballo. Nada distinto do que pasa na maior parte de Europa.

A íntegra da entrevista, unha dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos 189, disponíbel nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.

Comentarios