Mais un ano, a marcha do BNG no Día da Patria foi o tránsito de miles de persoas, unha mesta rede humana desde a Alameda até a Quintana. Na cabeceira, unha faixa. "Unha idea clara, sumar por Galiza". A idea forza do BNG este 25 de xullo. Termaban dela a portavoz nacional, Ana Pontón, e integrantes da Executiva Nacional e o grupo parlamentar.
Hai bandeiras a eito, o acompañamento musical de rigor (gaitas e tambor) e os cánticos tradicionais de todo Día da Patria que se precie, "galegos somos/galegos seremos/por españois nunca pasaremos" e "quer queiran quer non, Galiza é unha nación", "Galiza ceibe, poder popular", "nas aulas da Galiza, en galego".
E mentres agardamos a entrada de todas todas na Quintana escoitamos unhas pezas de gaiteirxs galegxs, música da terra que une para #SumarPorGaliza neste #DíaDaPatriaGalega pic.twitter.com/YeggF6XAzH
— BNG (@obloque) 25 de xullo de 2018