Gonzalo Caballero pídelle á Xunta que rebaixe as peaxes das súas autoestradas

Cualificou as bonificacións da Xunta como "márketing".
Caballero nunha rolda de prensa. Foto: Europa Press
photo_camera Caballero nunha rolda de prensa. Foto: Europa Press

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu este domingo á Xunta que "tome medidas reais, e non de mercadotecnia" para rebaixar a peaxe das autoestradas galegas "de forma substancial, máis aló dos retoques puntuais, sen apenas incidencias nos usuarios".

"Feijóo ten que tomarse en serio a baixada do prezo das autoestradas AG-55 e AG-57", subliñou Caballero, que remarcou que "non basta" con que o Executivo autonómico implemente medidas que son "só márketing".

O titular do PSdeG requiriu ao Goberno liderado por Núñez Feijóo que as medidas que tome sexan "de calado" para "reducir os custos da autoestrada de Carballo á Coruña, e a do Val Miñor", así como que "planifique" a liberalización das peaxes nun momento no que conta con "os maiores orzamentos da historia de Galiza".

Gonzalo Caballero apuntou que na semana na que entrou en vigor "a rebaixa histórica" das peaxes da AP-9, "o Goberno de España dedicou 100 veces máis fondos que a Xunta a abaratar a circulación dos galegos".

Comentarios