Caballero anuncia unha acción política máis intensa do PSdeG para "liderar a oposición"

O secretario xeral do PSdeG estivo presente na primeira reunión do ano do grupo parlamentario do partido

_MG_0037[1]
photo_camera Gonzalo Caballero, con parlamentares de PSdeG

O secretario xeral do partido, Gonzalo Caballero, estivo esta segunda feira no Pazo do Hórreo. “Imos intensificar a nosa acción política para liderar a oposición e conseguir que a Xunta se centre nos problemas reais da Galiza e non na axenda marcada desde o goberno central”, apuntou nun encontro coa imprensa após asistir á primeira reunión de 2018 do grupo parlamentar do PSdeG que dirixe Xaquin Fernández Leiceaga.

Tamén tomou a palabra Leiceaga, quen reiterou o compromiso do PSdeG á hora de evidenciar os problemas principais da cidadanía galega “como a sanidade, o emprego e o deterioro dos servizos públicos básicos” como forma de facer fronte “á reticencia de Feijóo para plantar cara ás políticas centrais”, a quen acusa de pensar “que o seu futuro político pasa por Madrid”.

 

Retrasos no AVE

 

Cuestionado sobre o retraso os retrasos na chegada do AVE a Galiza anunciados recentemente pola conselleira de Infraestruturas–, Caballero cargou contra os gobernos de Feijóo e Rajoy: "Teñen desatendido moitas demandas e procuran calquer excusa para non dar conta da ineficiencia e falta de atención dos seus gobernos, que son responsábeis plenos deste fracaso”.

 

Após a renovación estrutural do partido na provincia da Coruña, o secretario xeral do PSdeG insiste en “respetar os procedementos” do partido ante o ciclo das eleccións municipais, que terán lugar en maio de 2019. “Estamos nunha fase de renovación orgánica do partido da que esperamos saír mais fortes, polo que aínda debemos esperar a que o comité federal estableza os prazos e calendarios de cara os comicios municipais”, explicou.

Comentarios