Caballero lamenta que Feixoo delege no Goberno español a entrega de máscaras á poboación

Gonzalo Caballero (PSdeG).
photo_camera Gonzalo Caballero (PSdeG).

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reprochou á Xunta da Galiza que non garantise máscaras de protección gratuítas á poboación galega no inicio do desconfinamento.

Nunha rolda de prensa telemática, o dirixente socialista lembrou que hai dúas semanas demandara un plan de entrega de máscaras para os primeiros días de paseos coas crianzas ou deporte ao aire libre.

“Comprobamos que Feixoo preferiu perder o tempo confrontando co Goberno en vez de dar solución aos problemas dos galegos e galegas”, censurou.

Caballero lembrou que a Administración galega conta cos mecanismos e co orzamento necesarios para prover á cidadanía deste sistema de protección, recomendando polas expertas de Medicina preventiva.

O líder do PSdeG tamén acusou a Feixoo de non deseñar axudas directas para as autónomas ou de non desenvolver medidas específicas a sectores tan afectados pola crise sanitaria como son o hostaleiro.

Comentarios