Caballero considera a Feixoo “unha fraude para o rural”

Desde Lalín, Gonzalo Caballero afirmou que o goberno de Feixoo deixou abandoando o rural galego e acusouno de “non ter tomado medidas para mellorar a calidade de vida do sector primario galego”.

Gonzalo Caballero Lalín (1)
photo_camera Gonzalo Caballero en Lalín

Nun acto de campaña en Lalín, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, afirmou que Feixoo “foi unha fraude para o medio rural”. Xunto ao candidato á alcaldía de Lalín polo PSdeG, Román Santalla,. Caballero propuxo traballar “por un medio rural vivo, revitalizado” e con posibilidade de dar á cidadanía “medios de vida, salarios e ingresos dignos”, e insistiu no compromiso do PSOE en traballar para garantir as mesmas condicións de vida no rural que nas cidades.

Na visita ao concello de Lalín, Caballero amosou un número do New York Times que dedica unha reportaxe á venda de lugares e parroquias enteiras do rural galego, debido á falla actividade económica e industrial, fronte ao que apelou a “ter un compromiso claro co medio rural”, facendo referencia ao impulso do sector primario e do sector agrogandeiro.

En declaracións aos medios, Caballero valorou que o goberno de Pedro Sánchez “converteu a Política Agraria Común nunha cuestión de estado” e anunciou o seu compromiso a defender na Unión Europea que os orzamentos da PAC para o período 2021-2027 “non caian” e poidan mellorar a calidade de vida dos habitantes do rural.

Comentarios